Co obxectivo de que os alumnos/as dos Graos en Enxeñaría Química e Informática poidan coñecer todas as vantaxes que supón o uso de software libre no estudo dunha enxeñaría, e descubrir as múltiples saídas laborais, a OSL vai organizar un seminario dentro das actividades da Aula Profesional da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
O seminario vai dirixido a todos os alumnos da ETSE, terá unha duración de 4 horas de clases presenciais e 2 horas adicionais de traballo persoal (para os alumnos do Grao de Enxeñaría Química), e celebrarase os días 31 de outubro e 7 de novembro, en horario de 12 a 14 horas.
Na primeira xornada, os asistentes terán a oportunidade de coñecer as características principais do software libre, e de GNU/Linux en particular, e que servirá de base para a segunda xornada, na que se procederá a realizar unha instalación real da distribución SO.XUG nos equipos dos asistentes. Máis información, na web da ETSE.
As persoas interesadas neste seminario teñen que enviar unha mensaxe a aula.profesional[at]usc.es, cos seguintes datos:
- Nome e apelidos
- Titulación
- Curso