-
Mellor interoperabilidade OOXML e compatibilidade do formato de ficheiro Mac
-
Mellor xestión dos comentarios e un manexo da folla de cálculo altamente intuitivo
-
Modelos 3D en Impress, e aparencia de aplicación nativa de MacOS X
Berlin, 28 xullo, 2014 – A Document Foundation anuncia LibreOffice 4.3, a 8ª edición maior da suite de ofimática libre desde o nacemento do proxecto en setembro de 2010. O aplicativo inclúe o esforzo combinado de milleiros de voluntarios e centos de desenvolvedores co que ten acadado un punto de madurez que a fai adecuada para calquera tipo de desenvolvemento, especialmente no caso de ser apoiada mediante servizos de valor engadido do crecente ecosistema da LibreOffice.
LibreOffice 4.3 ofrece un longo número de melloras e novas funcionalidades, que inclúe:
-
Interoperabilidade de documentos: compatibilidade con OOXML Strict, melloras nas imaxes OOXML (DrawingML, tipos de letras, preservación de estilos de debuxo e atributos), incorporación de ficheiros OOXML dentro doutro ficheiro OOXML, compatibilidade con 30 novas fórmulas do Excel, compatibilidade con folla de cálculo de MS Works e bases de datos e formatos herdados de Mac como os de ClarisWorks, ClarisResolve, MacWorks, SuperPaint e outros.
-
Xestión de comentarios: os comentarios agora poden imprimirse na marxe do documento, formatados de mellor maneira e importados e exportados – o que inclúe o aniñamento de comentarios- en O ODF, DOC, OOXML e documentos RTF documents, para un reforzamento da produtividade e dunha mellor colaboración.
-
Manexo intuitivo da folla de cálculo: Calc permite agora a realización de varias tarefas máis intuitivamente, grazas ao realce automático intelixente de fórmulas nas celas, a presentación do número das filas seleccionadas e das columnas na barra de estado, a capacidade de iniciar a edición dunha cela co contido da súa cela superior e de poder seleccionar os modelos de conversión completa de texto por parte do usuario.
-
Modelos 3D en Impress: a compatibilidade dos modelos 3D animados no novo formato glTF e un avance de comptibilidade para ficheiros Collada e kmz que se atopan na Google Warehouse, para engadir un fresco aspecto novidoso e animacións ás presentacións (a compatibilidade desta funcionalidade está actualmente dispoñíble soamente nas versións de Windows e Linux).
LibreOffice 4.3 tamén admite parágrafos «monstro» que exceden os 65,000 caracteres (un exemplo dun erro con máis de 11 anos, resolto grazas á modernización do código fontes de OOo, que é unha función exclusiva de LibreOffice). Ademais, a tecnoloxía de accesibilidade sobre Windows converteuse nunha característica estándar, grazas ás melloras baseadas no marco de traballo IAccessible2 de IBM.
A lista completa de novas funcionalidades e melloras de LibreOffice 4.3 está aquí:
En galego grazas a Xosé: https://wiki.documentfoundation.org/ReleaseNotes/4.3/gl
Orixinal en inglés: https://wiki.documentfoundation.org/ReleaseNotes/4.3.
“O proxecto LibreOffice amosa que unha gran comunidade de software libre pode vivir e conducirse sen o patroneado dun vendedor de software, para liberar PC de escritorio”, di Thorsten Behrens, Secretario da Document Foundation. “Hoxe non podes conseguir unha suite ofimática ca LibreOffice en termos de funcionalidades, interoperabilidade, compatibilidade con estándares de documentos e independencia. Despois de moitos anos, LibreOffice trae de volta o control do PC de escritorio nas mans dos usuarios”.
Segundo o servizo Coverity Scan, ao que se uniu LibreOffice en outubro de 2012, a calidade do código fonte de LibreOffice mellorou espectacularmente durante os últimos dous anos, cunha redución da densidade de defectos por cada 1.000 liñas de código dunha media de 1,11 a un nivel no máis alto da industria do 0,13 (para máis información: http://softwareintegrity.coverity.com/register-for-libreoffice-scan-report.html).
As persoas interesadas nos detalles técnicos sobre esta versión poden acceder ao rexistro de cambios aquí: https://wiki.documentfoundation.org/Releases/4.3.0/RC1(arranxados na RC1), aquí: https://wiki.documentfoundation.org/Releases/4.3.0/RC2(arranxados na RC2) e aquí: https://wiki.documentfoundation.org/Releases/4.3.0/RC3(arranxados na RC3).
Descargar LibreOffice
En galego http://gl.libreoffice.org/descarga/
LibreOffice 4.3 e LibreOffice 4.2.6 están dispoñíbeis para descarga desde a seguinte ligazón: http://www.libreoffice.org/download/. As extensións e modelos para complementar a instalación do software engadindo funcionalidades específicas pode atoparse aquí: http://extensions.libreoffice.org/.
Os usuarios de LibreOffice, avogados de software libre e membros da comunidade poden apoiar á Document Foundation cunha doazón en http://donate.libreoffice.org. O diñeiro recollido usarase para mellorar o proxecto tanto a nivel global como local.
Sobre a Document Foundation (TDF)
A Document Foundation é unha organización independente, autogobernada e meritocrática baseada na ética do software libre e inscrita na Alemaña como entidade sen ánimo de lucro. TDF céntrase no desenvolvemento de LibreOffice – a mellor suite ofimática de todos os tempos – escollida pola comunidade global como herdeira lexítima de OOo, e como tal adoptada por un crecente número de administracións, empresas e SMB para produtividade de escritorio.
TDF está accesible a individuos e organizacións que concordan cos seus valores fundamentais e contribúe ás súas actividades. A finais de xaneiro de 2013, a fundación ten 204 membros e máis de 3000 colaboradores voluntarios en todo o mundo.
Contactos coa prensa: https://www.documentfoundation.org/contact/.