Berlín, 30 de outubro de 2014 – The Document Foundation anuncia LibreOffice 4.3.3, a terceira edición da familia LibreOffice 4.3 chamada “fresh”, e LibreOffice 4.2.7, a última edición menor de LibreOffice 4.2 da chamada familia “still”. Entre ambas logrouse unha redución de máis de 200 arranxos de erros e regresións.
LibreOffice 4.3.3 “Fresh” é unha edición estable da máis avanzada versión do software e diríxese a usuarios que se preocupan polas funcionalidades. LibreOffice 4.2.7 “Still” é unha edición estable da versión do software máis probada, e diríxese a usuarios que se preocupan pola continuidade. Ambas versións poden despregarse en ambientes empresariais, segundoa as súas políticas corporativas, sempre con asistencia profesional.
“Esta é a primeira vez que ofrecemos as versión fresh e still o mesmo día, e isto representa unha boa oportunidade para explicar que mantemos dúas versións concorrentes para fornecer a mellor opción tanto a usuarios avanzados coma conservadores porque están enfocadas en características diferenciadas do aplicativo”, segundo explica Michael Meeks, membro dirección da fundación. “En ambos casos, malia todo, recomendamos fortemente que para os despregamentos de empresa con asistencia profesional, para obter o mellor de LibreOffice”.
As persoas interesadas nos detalles técnicos pode atopar os rexistros de cambios na 4.3.3 aquí: https://wiki.documentfoundation.org/Releases/4.3.3/RC1 (ata a RC1) e aquí: https://wiki.documentfoundation.org/Releases/4.3.3/RC2 (ata a RC2).
O equipo galego de LibreOffice, co que colaborou a OSL, ademais de conseguir realizar a tradución deste importante software de uso xeral ao 100% tamén ofrece aos usuarios galegos unha descrición dos detalles
https://wiki.documentfoundation.org/ReleaseNotes/4.3/gl
Os rexistros de cambios de LibreOffice 4.2.7 tamén están dispoñíbeis no wiki: https://wiki.documentfoundation.org/Releases/4.2.7/RC1 (ata a RC1) e aquí: https://wiki.documentfoundation.org/Releases/4.2.7/RC2 (ata a RC2).
Descargar LibreOffice
LibreOffice 4.3.3 “Fresh” e LibreOffice 4.2.7 “Still” xa están dispoñíbeis para a súa descarga desde a seguine ligazón: http://gl.libreoffice.org/descarga/.
Os usuarios de LibreOffice, promotores do software libre e membros da comunidade poden apoiar á The Document Foundation cunha doazón en http://donate.libreoffice.org.