O sitio TLDRLegal contén toda a información necesaria para coñecer os detalles da maioría de licenzas libres das que dispoñemos á hora de liberar os nosos traballos.
O obxectivo desta páxina é o de explicar as licenzas libres nunha linguaxe clara e entendible para todos aqueles usuarios que non se manexan correctamente na terminoloxía legal.
Temos dispoñible unha listaxe cun total 39 licenzas, onde se poden distinguir fácilmente as principais características de cada unha das licenzas, a través do uso de cores diferentes dependendo de si está permitido (cor verde), non está permitido (cor vermella), ou debemos (cor azul) facer uso dalgunha das características da licenza.
Se o que queremos é facer unha combinación entre dúas licenzas, debemos utilizar a opción Compare que ofrece o sitio web, e que se atopa en versión Beta.
Por último, se estamos a traballar nun proxecto software de código aberto, e utilizamos código ou compoñentes de terceiros, dispoñemos dun formulario para a creación do documento HTML “attribution”, que despois debemos inserir dentro do noso proxecto.