Durante o pasado mes de agosto, foron enviadas un total de 14.753 cadeas (máis de 21.000 palabras) á versión estable de Moodle, a 2.9.1. Con esta nova achega de cadeas, conseguimos aumentar a porcentaxe dun 77% a un total dun 86%. Gracias ao cal, calquera instalación de Moodle pode actualizar o paquede do Galego de xeito automático a través de AMOS, que é a plataforma de tradución que proporciona Moodle aos traductores dos máis de 100 idiomas nos que está dispoñible.
Aínda que os traballos foron enviados á versión 2.9, a ferramenta de tradución fai unha propagación das cadeas cara as versións anteriores. Co cal, aquelas instalacións de versións anteriores, tamén poderán realizar unha actualización do paquete de idioma.
Moodle está sendo empregado polas universidades galegas para xestionar as súas aulas virtuais, e supón unha das ferramentas de maior uso por parte da comunidade universitaria. Serve como plataforma de publicación por parte do profesorado dos contidos de diferentes materias, e como xestor de recursos didácticos.