O próximo luns, 2 de setembro, a OSL desprázase ata Ferrol para impartir un curso de LibreOffice Calc dirixido ao Persoal de Administración e Servizos (PAS) da Universidade da Coruña. O curso terá unha duración total de 10 horas, e un número máximo de 15 participantes.
Despois do descanso estival, a Oficina de Software Libre continúa coas súas actividades de promoción e difusión do software libre dentro da comunidade universitaria galega. A maiores do curso que comezará a próxima semana en Ferrol, hai programados un total de 15 cursos presenciais, e 3 en modalidade de teleformación. Os cursos ofertados ao PAS pretenden achegar aos usuarios ao uso dunha ferramenta alternativa a Microsoft Office, que está sendo utilizada na maioría de postos de traballo, e así poder facilitar a migración do seu traballo cara LibreOffice.
Os contidos de ditos cursos son liberados pola OSL baixo unha licenza libre, e calquera persoa interesada pode matricularse libremente no curso a través da Aula virtual da OSL.