O taller que se desenvolverá na ETSE está integrado dentro das actividades ofertadas pola Aula Profesional, que poden contabilizarse como créditos de libre configuración para Enxeñaría Química. A primeira sesión do día 16 terá como obxectivo que os asistentes poidan coñecer as características principais dos programas licenciados baixo unha licenza libre, e cales son as vantaxes que supón isto para a súa formación. As seguintes sesións, do 17 e 18, serán totalmente prácticas e executaranse as instalacións e configuracións necesarias para que poidan utilizar a distribución Ubuntu so.xug nos seus equipos.
O taller da Facultade de Matemáticas, ten un formato moi parecido ao anterior, aínda que neste caso vai dirixido aos estudantes de primeiro curso. O obxectivo é que poidan dispor dunha axuda no proceso de instalación da distribución, e así poder realizar as prácticas que lles son esixidas nos seus plans de estudo.
Todas estas actividades contarán co apoio técnico do persoal da Oficina de software libre.