O próximo 21 de outubro, terá lugar un obradoiro de instalación de GNU/Linux na Aula de Informática de acceso libre da Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela.
Esta actividade vai dirixida aos estudantes de primeiro curso, que desexen realizar unha instalación dunha distribución GNU/Linux nos seus equipos persoais. Haberá dúas sesións en horario de tarde, a primeira quenda desde as 16 ata as 18 horas, e a segunda quenda, de 18 a 20 horas.
O obradoiro está dirixido polo persoal técnico da Oficina de Software Libre do CIXUG, e encargaránse de supervisar as instalacións que se fagan nos equipos dos asistentes.
Os asistentes deben levar ao obradoiro os seus ordenadores portátiles.
Para poder asistir é necesario realizar a inscrición a través do seguinte formulario: