O próximo 20 de outubro, terá lugar un obradoiro de instalación de GNU/Linux na Aula 5 da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
Esta actividade vai dirixida aos estudantes de primeiro curso, que desexen realizar unha instalación dunha distribución GNU/Linux nos seus equipos persoais. Haberá dúas sesións en horario de tarde, a primeira quenda desde as 16 ata as 18 horas, e a segunda quenda, de 18 a 20 horas.
O obradoiro está dirixido polo persoal técnico da Oficina de Software Libre do CIXUG, e encargaránse de supervisar as instalacións que se fagan nos equipos dos asistentes.
Os asistentes deben levar ao obradoiro os seus ordenadores portátiles.
Para poder asistir é necesario realizar a inscrición a través do seguinte formulario: