ABERTO PROCESO SELECTIVO DE POSTOS TEMPORAIS PARA PERSOAL TÉCNICO, AO ABEIRO DO PROGRAMA DE MENTORING DO CIXUG E A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
O Consorcio CIXUG ven de publicar as bases do proceso selectivo para a cobertura de postos temporais de persoal técnico de prospección e orientación laboral como equipo técnico para a xestión do programa asociado ao convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o CIXUG, para a posta en marcha en 2021 dun programa integral de formación e mentoring destinado ás persoas mozas inscritas e beneficiarias do sistema nacional de garantía xuvenil non ámbito da comunidade autónoma de Galicia.
Este programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89%, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, para o período 2014-2020, no eixe prioritario 5, prioridade de investimento 8.2, obxectivo específico 8.2.1, medida 8.2.1.1.
Poderán presentarse ata o 19 de xullo de 2021 ás 14:00 horas todas aquelas persoas que cumpran os requisitos establecidos nas bases, e o envío das solicitudes realizarase necesariamente a través da web específica do programa.
Para más información sobre o proceso selectivo e para presentar a candidatura, consultar a web específica do programa en https://xportal.cixug.gal/proceso-selectivo-postos-temporais/.