Boletín informativo traducido ao galego da Fundación de Software Libre Europea
FSFE Boletín – Xuño 2013
O Parlamento alemán tenta desfacerse das patentes de software
Ningún desenvolvedor de software libre as quere pero, por desgraza, aínda se conceden: as patentes de software. Monopolizan ideas sobre o software, de modo que os desenvolvedores non poidan usalas. En abril, o Parlamento alemán (o «Bundestag») presentou unha moción conxunta contra as patentes de software. Nela, insta o Goberno alemán a tomar medidas para limitar a concesión de patentes de programas de computador. Tras a primeira audiencia no Parlamento, a FSFE foi convidada como experto externo á reunión do comité legal o día 13 de maio.
Antes do encontro, pedíuselle á FSFE que presentase unha declaración escrita (PDF en alemán), para explicar que: as ferramentas de programación están facilmente dispoñíbeis para todos e non precisan moito investimento, os desenvolvedores aprenden a codificar lendo código fonte existente, a parte máis difícil do desenvolvemento de software é o desenvolvemento dunha aplicación concreta; os dereitos de autor son suficiente para protexer estas aplicacións, a maioría dos produtos inclúen centos de programas, que pola súa vez se usan nun número enorme de produtos, que o software libre se usa para desenvolver software libre e non libre, que o software libre é especialmente vulnerábel a actividade maliciosa con patentes xa que o seu código fonte está dispoñíbel; as disputas sobre patentes de software custan moito tempo e diñeiro que moitos desenvolvedores e empresas de software non teñen, o incentivo que supoñen as patentes na innovación de software é moi cuestionábel e os desenvolvedores ou ten que ignorar as patentes de software ou para de programar. Na exposición oral deste testemuño perante a audiencia o representante da FSFE explicoulles os métodos de programación aos políticos.
Durante o encontro, a gran maioría dos nove expertos invitados estaban a favor da moción. Agora, haberá un segundo encontro do comité e despois, o día 6 de xuño, o Parlamento votará sobre a moción.
Por que algunhas empresas non lles queren aos seus clientes?
O pasado día 3 de maio foi o Día Internacional Contra a DRM. Para realzar a ocasión Erik Albers escribiu un artigo sobre as restricións dixitais e físicas nos dispositivos propios (grazas a Framasoft, hai tamén unha tradución francesa). Salientou como as empresas e revendedores adquiren o control sobre o noso software e hardware e, ao facelo así, lévanse por diante a nosa liberdade.
A discusión sobre este tema continuou na LinuxTag de Berlín. Os oradores invitados a “Recupere o seu dispositivo” da FSFE insistiron. O grupo deu exemplos de como podemos retomar o control sobre o noso software e, polo tanto, sobre os nosos dispositivos. Ademais, os organizadores da LinuxTag escolleron oradores da FSFE como principais, Benjamin Mako Hill fixo un discurso sobre antifuncionalidades – tecnoloxía deliberadamente deficiente (vexa o artigo de prensa alemá «Antifuncionalidades – Software libre contra o paternalismo»). Mako argumenta que o asunto das antifuncionalidades constitúe un bo marco para explicar a vantaxe práctica do software libre, e a súa experiencia que a FSFE comparte plenamente.
Contratación ilegal favorecendo a Microsoft detida nos tribunais
É obxectivo da FSFE que as empresas de software libre poidan competir coas empresas de software non libre en igualdade de condicións. É por iso que comezamos unha iniciativa para avanzar na contratación pública imparcial en Finlandia, que xa examinou máis de 300 anuncios de contratos.
Como noticia relacionada, o tribunal administrativo de Almada, Portugal, declarou recentemente un contrato de 550 mil euros entre Microsoft e o municipio de Almada como ilegal. (Vexa o noso comunicado de prensa). Neste caso, as especificacións técnicas do concurso publicado polo municipio impediu a calquera outra empresa que non sexa Microsoft e os seus socios de poder cumprir os criterios do contratación. Esta decisión aclara que estes procedementos de concurso amplamente utilizados son ilegais: porque nomea os produtos de Microsoft, en vez dos seus requisitos funcionales e técnicos en xeral. A FSFE congratúlase coa decisión do tribunal, e insta a outros tribunais nacionais europeos a seguir a anular sistematicamente contratacións igualmente discriminatorias.
Algo completamente diferente
- Conforme se informou na última edición, o W3C quere aplicar controis de uso no Web. A EEF publicou unha obxección formal (que urximos a ler e distribuír) ao conxunto do grupo de traballo do proxecto HTML.
- Hai tamén algunha discusión sobre como a nova licenza de patentes de Google VP8 influencia o software libre. Por unha banda, Simon Phipps da Open Source Initiative (OSI) argumentou que cada usuario que desexe beneficiarse do acordo ten asumir un contrato con Google, e que este é un problema para as iniciativas de software libre. Por outra banda, Software Freedom Law Center (SFLC) argumenta que o borrador de de licenza cruzada VP8 é compatíbel co licenciamento do software libre.
- A nosa bolseira Lucila Falgueyrac organizou o posto da FSFE no Factoria Espazo Hacker de Toulouse, no sur de Francia. Comentou: “Gocei deste evento sobre todo porque a maioría da xente non sabía nada sobre FSFE, e moi poucos sabían abondo sobre sobre software libre en xeral. Falar coa xente que aínda non está convencida é un gran pracer e neste caso, moi produtivo”.
- A organización de Software Libre Francesa Abril informou de que o Senado demanda que o servizos públicos de educación dixital prioricen o software libre e os formatos abertos.
- Outras novas da administración pública europea a través de Joinup falan de Tariq Rashid do grupo de reforma IT do Gabinete do Reino Unido, que di que as solucións de software libre axudan as administracións públicas a recuperar o seu poder como consumidores. Desde España, Extremadura está comezando a cambiar 40.000 PC da Administración a software libre, e máis de 36 mil estudantes, profesores e funcionarios están usando software libre para traballo en grupo en Suíza.
- Computadores de placa única son computadores que se fabrican cunha única placa de circuitería, que é suficientemente poderosa como para executar un sistema operativo real. A nosa organización irmá, FSF, creou unha nova páxina como recurso para computadores de placa única.
- Do 14-17 de maio, Matija Suklje e Karsten Gerloff participaron na maior conferencia en Croacia sobre software libre, Open Systems Días / Convención croata de usuarios de Linux – DORS/CLUC. Abriu a conferencia o presidente de Croacia, Ivo Josipovic que dixo sobre a comunidade do software libre: “O que estades facendo é algo bo, creativo e innovador”
- Non acontece moitas veces que os adversarios te apoien fortemente. A xornalista Glyn Moody está moi agradecida de que a Business Software Alliance (BSA) faga un contundente argumentario sobre o software libre no seu informe.
Novas desde o planet: - Hugo Roy escribe sobre que Google detén a continuidade do Google Talk e pregunta canto tempo Google pode manter a promesa de seus termos de servizo e darlles aos usuarios XMPP unha saída?
- Tamén comprobou quen o está seguindo en liña máis: Google ou Facebook?
- Con Daniel Pocock temos un novo blogger activo no planeta. Escribiu sobre “A BBC e un concepto confuso do que é libre e aberto“, como a British Telecom ataca o software libre con demandas de patentes, á esculca en Suíza na conferencia anual de Debian, e sobre o xeito máis rápido para probar WebRTC e velo traballar.
- Ademais despois da nota de prensa da FSFE sobre o MSN Messenger e Skype Daniel Pocock escribe como Debian pode rescatar os usuarios de Skype.
- Mentres Nikos describiu como hackear un teléfono de desenvolvemento do Firefox OS, Thomas Koch preguntou o que pensan os demais sobre o FairPhone. Responderon Paul Boddie, Jens Leuchtenbörger,
- De 58,1 km a 24,0 km/h para a liberdade: A redución de peso e profundando no Software Libre. Martin Gollowitzer gusta de andar en bicicleta de cando en vez (especialmente cando o tempo está bo), quere combinar o deporte coa captación de recursos. Vexa o seu primeiro rexistro de proxecto.
- Despois de ser mencionado nun dos últimos boletíns, o reprodutor de botón único de audiolibro feito por Michael Clemens está agora en forma de novo libro. O coautor dixo: “Gústame a forma en como está realmente a mellorar a calidade de vida de alguén, facendo posible que a súa avoa [Michael] poida escoitar audiobooks.”
- O colega representante Nikos Roussous escribiu sobre a súa participación no Encontro de Gráficos Libres (LGM), que é un encontro anual para a discusión de software libre utilizado para deseño, ilustración, tipografía, arranxos, arte, fotografía, edición, cartografía, animación e vídeo.
- Timo Jyrinki escribiu sobre como ter unha rede entre o seu ordenador portátil e un dispositivo Android a través de USB, sobre o estado actual de Qt 5 en Debian e Ubuntu, e dominar o mundo.
- Michael Stehmann do equipo FSFE alemán participou dunha actividade no Parlamento de Nordrhein-Westfalen, pode ler máis sobre isto no seu blog. Ademais diso Michael deu tamén un seminario na Fachhochschule Düsseldorf sobre software libre, e unha presentación no PythonCamp 2013 en Colonia sobre software libre e as súas licenzas (todos en alemán).
- Primeiro debe facerse “como Facebook”, despois todos as funcionalidades deben ser eliminadas. Ler a Michael Kesper “Facelo como Facebook … ou non?! Ou: De WordPress a Drupal“.
- Anna Morris do equipo de campaña DFD escribiu sobre como procesar fotos nun lote con ImageMagick e Converseen.
- O vicepresidente da FSFE pregunta sobre se gnome si ou non gnome.
- Isabel Drost informou sobre varias conferencias, incluíndo o primeiro relatorio principal na ApacheConNA.
- Björn Schießle escribe sobre o novo aplicativo de cifrado de ownCloud, que agora usa o cifrado AES, e
- O compañeiro Jens Leuchtenbörger traduciu o artigo “A marañada arañeira que tecimos-Buscando protexer a privacidade fundamental nas interaccións na rede”, por Eben Moglen ao alemán.
Mantéñase alerta: problemas de garantía despois de acceder á raíz!
Tras a nosa análise amplamente difundida sobre o acceso á raíz de dispositivos, a Asociación Alemá de Defensa do Consumidor (Verbraucherzentrale Bundesverband) está a traballar sobre este tema (en alemán), tamén. Están á procura de persoas que tiveron problemas coa garantía tras acceder á raíz dos seus dispositivos. Así, se compra un produto na Alemaña, accede á raíz e ten problemas coa garantía, informe diso diríxase ao noso grupo de traballo legal. Naturalmente seguimos interesados nas mesmas experiencias noutros países, por iso, siga a envialos ao mesmo enderezo.
Grazas a todos os compañeiros e doadores que permiten o noso traballo,
Matthias Kirschner – FSFE
—
Free Software Foundation Europe
FSFE News
Upcoming FSFE Events
Fellowship Blog Aggregation
Free Software Discussions