A Universidade de Alicante acolle a XXXII Reunión da Sociedade Española de Epidemioloxía (SEE), e o IX Congreso da Associação Portuguesa de Epidemiologia (APE), que se celebrarán entre os días 3 e 5 de setembro.
A Oficina de Software Libre, en colaboración coa Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, vai participar cunha comunicación oral na que se presentará o metapaquete XUG-SOFTWARE-BIOESTATISTICA.
Reunión científica da SEE
A XXXII Reunión de la SEE y el IX Congresso da APE acolle como lema “Primum non nocere” (primeiro non mancar), unha frase atribuída a un precepto hipocrático. Este lema fai referencia á necesidade de non engadir sufrimento ás persoas no seu contacto cos servizos sanitarios, abarcando tanto os efectos adversos das diagnoses, os tratamentos, e os coidados de enfermería.
Que é un metapaquete?
Un sistema de metapaquetes de Ubuntu serve para poder instalar doadamente e dunha soa vez, todo un conxunto de programas e as súas dependencias funcionais de xeito automático. O obxectivo de xug-software-bioestatistica é o de ofrecer unha colección de software epidemiolóxico e bioestatístico listo para o seu uso.
Utilizouse o sistema de creación de metapaquetes da distribución SOXUG, para desenvolver este metapaquete, o cal conten unha extensa colección de software específico: R, Rcommander e paquetes específicos (epitools, epicalc, rkward, maptools… ata máis de 40), PSPP, Octave, SciLab, Epigrass, Gretl, Maxima, Freemat, Extrema, etc.
xug-software-bioestatistica é unha opción cómoda e sinxela para incorporar nun sistema Ubuntu unha completa colección de software, que permite realizar estudos bioestadísticos, epidemiolóxicos e de saúde en xeral.
Instalación
Para poder utilizar o metapaquete é necesario dispoñer dun equipo que conte con Ubuntu SO.XUG, ou ben cunha instalación xenérica de Ubuntu 12.04. O primeiro paso é engadir o repositorio da distribución soxug, seguindo os pasos que se indican na páxina principal do sitio web do mesmo.
Tamén é necesario engadir o repositorio CRAN da OSL para poder descargar as últimas versións de R, así como os seus paquetes adicionais:
Despois de executar o seguinte comando:
para actualizar a base de datos co software dispoñible, xa estaremos en condicións de proceder coa instalación do metapaquete, executando o seguinte comando: