Durante o mes xuño impartíronse un total de 5 cursos para formar en ferramentas libres o persoal de administración e servizos das universidades galegas.
Os cursos impartidos pola OSL foron os seguintes:
- Primeiros pasos con LibreOffice Calc – UDC
- Coñecendo GNU/Linux coa distribución SO.XUG – UDC
- Primeiros pasos con LibreOffice Writer – USC
- Coñecendo GNU/Linux coa distribución SO.XUG – USC
- Primeiros pasos con LibreOffice Writer – Teleformación UDC
Un total de 105 alumnos e alumnas puideron aprender o manexo de ferramentas de uso diario no seu traballo. Aínda que aprenderon a utilizar programas que non utilizan habitualmente no seu posto de traballo, todos eles viron que as diferenzas son mínimas e que poderían levar a cabo as súas tarefas utilizando LibreOffice ou Ubuntu SO.XUG. O curso de Writer impartido en liña fíxose a través da plataforma de teleformación do CIXUG.
Os materiais dos cursos serán liberados nas próximas semanas. Nestes momentos están dispoñíbeis en aberto os cursos de LibreOffice Writer e Impress, e de Moodle para profesores [Pódese acceder como Convidado]
Despois do verán, continuaremos coa formación de máis membros da comunidade universitaria, e levaremo cursos presenciais ao resto de campus, como Ferrol, Lugo ou Ourense.
Esta actividade está encadrada no convenio asinado polo CIXUG coa AMTEGA para a promoción do uso do software libre nas universidades galegas.