Trátase da nova versión menor da máis popular e espallada das distribucións de GNU/Linux entre os usuarios de escritorio. Con ela, Ubuntu celebra o éxito acadado no seu décimo aniversario.
As melloras ou novidades que trae esta versión de mantemento están fundamentalmente na área de compatibilidade con máis hardware, grazas á introdución do núcleo Linux 3.16 e tamén mellora notables no funcionamento de aplicativos web, especialmente aqueles que dependen da nube,. ou servizos virtualizados no escritorio.
Respecto de Unity, ofrécese unha mellora substancial a aqueles usuarios de pantallas de alta resolución. Tamén trae a primeira versión da nova familia 4.3 da suite LibreOffice e unha das últimas versións, a 33 de Mozilla Firefox e versión 38 de Chromium.
O equipo galego do UGT (Ubuntu Galician Translators) que se coordina a través da lista de correo https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl mantén o seu traballo de adaptación á nosa lingua local nun altísimo nivel, nada menos que entre os únicos 9 do mundo que acadan o 100% , por riba de linguas coma o chinés e xunta o alemán, o español ou o portugués cunhas comunidades de usuarios e colaboradores moito máis numerosas, polo que só cabe dicir que o equipo galego suple cantidade con calidade e esforzo.
Naturalmente non se pode esquecer que en Ubuntu, como SO e colección de software feito pola comunidade do software libre conflúe moito do traballo de localización que se fai directamente nos proxectos de orixe dos que se nutre a súa colección: GNOME, KDE, LibreOffice, FSF, Debian, etc.
Xunto co sabor tradicional de Ubuntu, actualízanse tamén os demais sabores con recoñecemento oficial:
Edubuntu — Ubuntu para educación
Ubuntu GNOME — Ubuntu co contorno de escritorio GNOME
Kubuntu — Ubuntu co contorno de escritorio KDE
Lubuntu — Ubuntu que utiliza LXDE
Mythbuntu — Deseñado para a creación dun «home theatre PC» con MythTV
Ubuntu Studio — Deseñado para edición multimedia e creación
Xubuntu — Ubuntu co contorno XFCE
E falamos do chinés porque unha das máis importantes novidades desta edición é a presentación dunha versión total personalizada para usuarios chineses, chámase Kylin
Esta edición terá un período de vixencia de 9 nove meses, a partir deste mes.
Toda a información e as ligazóns para descargar, instalar, actualizar están accesíbeis a través da páxina
https://wiki.ubuntu.com/UtopicUnicorn/ReleaseNotes
Descarga directa: