O próximo 26 de abril, o Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (Galpon), continúa cos seus obradoiros de formación no software estatístico R.
Esta segunda parte estará dirixida por Miguel Ángel Rodríguez Muíños, técnico informático na Consellería de Sanidade, membro do comité organizador da I Xornada Usuarios R en Galicia, e que conta cunha longa experiencia como formador en tecnoloxías da información.
Ao contar cun aforo limitado a 24 prazas, é necesario encher o formulario de inscrición para poder asistir.
Os obxectivos da xornada son os de:
- Coñecer as diversas opcións de IGU existentes, e para que serve cada unha delas.
- Desenvolver os nosos propios entornos gráficos
- Crear paquetes para publicar e distribuír os nosos programas
E o programa do obradoiro será o seguinte:
- Introdución
- R como linguaxe de programación (algo mais que un software estatístico)
- Entornos de usuario para R
- Rstudio
- RCommander
- Deducer
- RKward
- Desenvolvemento de entornos gráficos para os nosos programas
- gWidgets2 (tcltk)
- Distribución e publicación das nosas aplicacións: Creación de paquetes
- Os repositorios «oficiais»
- CRAN
- Bioconductor
- Creación de paquetes
- Rtools
- A función package.skeleton()
- RStudio
- Os repositorios «oficiais»
Máis información no wiki de actividades de Galpon, ou seguindo o evento de Google+.
Consellos
- Levar instalado no equipo o software R (CRAN da OSL) e R Studio.
- Como alternativa ao consello anterior, tamén se pode instalar Epilinux, ben nunha máquina virtual ou nunha memoria USB.
- E finalmente, para os usuarios de Windows, poden descargar a ferramenta BiostatFLOSS dende o noso servidor FTP.