O próximo 22 de abril, ás 10 da mañá, terá lugar unha sesión práctica de seguridade en servidores GNU/Linux na Aula de proxectos da ETSE da USC.
O seminario está dirixido principalmente aos alumnos do Grao de Informática da ETSE, pero poden asistir todas aquelas persoas interesadas en coñecer de cerca os ataques máis habituais contra servidores, e o xeito de protexerse dos mesmos.
A sesión está dividida en dúas partes:
- A primeira, a cargo de Rafael Rodríguez, Coordinador da OSL, consistirá na presentación da OSL, e os servizos dispoñibles para os estudantes universitarios galegos.
- E a segunda, con carácter práctico, estará dirixida por Kenneth Peiruza, consultor e formador en sistemas GNU/Linux, posúe ampla experiencia en labores de implantación, administración e securización de sistemas informáticos para empresas, tendo exercido ao longo dos seus máis de quince anos de traxectoria profesional como xefe de proxectos de auditoría de seguridade para entidades do sector da banca, seguros, colexios profesionais etc..
Organizado pola OSL, esta actividade conta coa colaboración da ETSE, e en particular coa axuda da profesora responsable da asignatura de Seguridade Informática, Puri Cariñena, e forma parte das actividades que a OSL do CIXUG realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluída no Plan de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.