Os próximos días 23 e 24 de outubro de 2014 celebraranse as VI Xornadas de Usuarios de R, que terán lugar no CNTG (Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia), en Santiago de Compostela. Estas xornadas incluirán relatorios e obradoiros prácticos co obxectivo de:
-Promover o coñecemento da linguaxe R e as súas aplicacións.
-Proporcionar un punto de encontro aos usuarios de R.
-Fomentar a colaboración entre eles nun ambiente multidisciplinar.
A asistencia ás xornadas é de balde, logo de inscrición en http://r-es.org/6j
Salientamos o feito de que se pode realizar unha asistencia a distancia mediante a difusión multimedia (streamming) que inclúe a posibilidade de participar, facer preguntas aos relatores. Para iso é necesario inscribirse na correspondente modalidade (Aquí)
Estas xornadas serán inauguradas polo coordinador da Oficina, Rafael Rodríguez Gaioso en representación da Asociación de software libre Melisa así como Miguel Ángel Muíños da Asociación R-Hispano e Juan Víctor Rodriguez Aros pola AMTEGA e contarán cun completo progrma que se pode consultar aquí
Correo electrónico de contacto: info-jornadas@r-es.org
Todos os detalles están dispoñíbeis no sitio web oficial das VI Xornadas de Usuarios de R