UDC móbil é unha aplicación desenvolvida para a Universidade da Coruña polo Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións para a Xestión Universitaria de Galicia (CIXUG).
Dispoñible para dispositivos Apple e Android, a función principal da aplicación é a de proporcionar unha nova canle de comunicación e información para a comunidade universitaria da UDC. A App, que tamén é usable baixo lectores de pantalla en dispositivos IOS, permite unha configuración detallada e personalizada da información e das notificacións a recibir.
UDC móbil foi presentada polo reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde e o Adxunto para Tecnoloxías da Información, Carlos Escudero.
A aplicación, parte dunhas funcionalidades iniciais (portal de titulacións e de investigación, localización de centros, agregador de novas e notificación de notas) que se manterán en continua evolución, proporcionando novas funcións que permitan unha mellor comunicación e colaboración coa comunidade universitaria.