O próximo día 2 de outubro, a OSL organiza unha xornada para presentar o proxecto Adtlántida.tv na Universidade da Coruña.
O acto terá lugar no seminario 2 da Facultade de Ciencias da Comunicación, no campus de Elviña.
As persoas interesadas en asistir á presentación poden realizar a inscrición a través da seguinte ligazón:
Inscríbete
O proxecto será presentado polos seus responsables, Beka Iglesias e Berio Molina, que se encargarán de amosar a versión Alpha 1 da mediateca de Adtlántida.tv, así como a versión en desenvolvemento do sistema de streaming e a rede de apps de Adtlántida.tv.
Transversalmente falaránse doutros temas referentes a Adtlántida.tv como son o crowdfunding, o software libre, a liberdade de contidos, a publicidade e a acción en rede e comunitaria.
Sobre o proxecto
Ad=prefixo, do latín ‘cara, en dirección a’ Atlántida=lexendaria illa, símbolo de avanzadas civilizacións, sumerxida nalgún lugar do Atlántico.
Adtlantida.tv é un sistema de radiotelevisión libre. A súa rede de aplicacións web e para dispositivos móbiles permite poder emitir e consultar material audiovisual en calquera momento e desde calquera lugar, utilizando calquera dispositivo libre. A interface está disponíbel en galego, castelán e inglés como mínimo. Adtlantida.tv diferéncia-se doutros servizos como Bambuser, Ustream ou Vimeo no emprego exclusivo de ferramentas libres (Icecast en servidor linux, reproductores multimedia html5, apps para android), na combinación nun mesmo servizo COMUNITARIO de live streaming e a demanda, ademais da liberdade de contidos, sen censura, así como na ausencia de publicidade.
Ademais, Adtlantida.tv contará cunha equipa dedicada a investigar e desenvolver novas aplicacións que satisfagan necesidades experimentais, e un servidor con bo amplo de subida e baixada de dados, a través da fibra óptica de guifi.net. A estabilidade do servizo garantá-se tamén grazas ao soporte do anel de servidores giss.tv e a infraestructura física de Marsupi.