
O gañador do premio, Pablo Belay
Pablo Belay Fernández, desenvolvedor do proxecto xeoPesca, proclamouse gañador da VI edición do Premio ao mellor PFC con licenza libre, dotado con 1.500€.
xeoPesca ofrece a creación dun rexistro da actividade pesqueira co obxectivo de achegar vantaxes competitivas a armadores e patróns de flotas de baixura.
O xurado decidiu conceder o accésit de 750€ aportado pola asociación GPUL, ao proxecto presentado por Esperanza González González, Abioxénese.
Abioxénese é un proxecto de instalación interactiva programada en Processing (java), onde o interactuador xenera visuais e música co seu movemento.

Os proxectos finalistas foron os presentados por Eutelo Pena, Control de aplicación Android para persoas con discapacidade mediante movementos faciais coa librería OpenCV , e Antía Fuentes, Librería de verificación de interfaces gráficas accesibles utilizando pruebas basadas en propiedades.
Os proxectos finalistas foron presentados polos seus respectivos responsables na tarde de hoxe, venres 29, no edificio da AMTEGA, na Cidade da Cultura. O xurado do premio estivo formado por persoal das escolas de informática das tres universidades, representantes da AMTEGA, e de GPUL.
Dende a Oficina de software libre agradecemos a todos os participantes nesta edición do Premio o seu esforzo, e agardamos que sigan axudando ao fomento das linguaxes abertas na realización dos proxectos de fin de carreira.