Veñen de publicarse os resultados d a quinta edición do Ranking de Universidades en Software Libre (RuSL); un estudo que se ocupa de medir o compromiso, uso e difusión do software libre nas 76 universidades españolas, e en 144 universidades lationamericanas.
A presente edición, conta coa participación de Antonio Monje Fernández na redacción do prólogo, director do Centro Nacional de Desarrollo Curricular en Sistemas no Propietarios (CeDeC), coordinador dos desenvolvementos da ferramenta eXelearning, e pioneiro no uso e difusión de Moodle dentro da educación secundaria.
As universidades galegas quedan situadas nas seguintes posicións:
- Universidade da Coruña - 5º posto
- Universidade de Santiago de Compostela - 6º posto
- Universidade de Vigo - 7º posto
Deste xeito, a nosa comunidade sitúase no primeiro posto na clasificación, ademais de ser a única que consegue situar todas as súas universidades dentro das 10 primeiras.
Respecto da clasificación do ano anterior, 2015, todas as universidades galegas conseguen mellorar os seus resultados. A Universidade da Coruña, pasa da posición 6ª á 5ª, a Universidade de Santiago de Compostela, sube dous postos, pasando do 8º ao 6º, e o maior incremento é o experimentado pola Universidade de Vigo, pasando do 10º posto ao 7º.
Se a comparativa a levamos ata o ano 2012, vemos unha clara evolución por parte das universidades galegas, xa que partían dos postos 17 (UDC), 22 (USC) e 16 (UVI).
Desde o Consorcio, agradecemos o traballo levado a cabo polos equipos técnicos das universidades, aos membros da Oficina de Software Libre, e a todas aquelas persoas que colaboraron na recollida de datos, e axudaron a conseguir estes resultados.
Máis información:
- Infografía detallada cos resultados e resumo dos mesmos
- Nota de prensa RuSL 2016
- Equipo completo do RuSL 2016
- Follas de cálculo con tódolos datos