Nos últimos anos as tres universidades galegas, veñen realizando tarefas de promoción de Software Libre no ámbito universitario. Unha das actividades principais e que agora toma máis forza é a implantación de arrinque dual nas aulas con distribucións de GNU/Linux. Na Universidade de Santiago de Compostela, desde a creación da Oficina de Software Libre a finais de 2008, optou por adaptar a distribución de GNU/Linux Ubuntu as súas necesidades. Agora que se decidiu centralizar as tres OSL nunha soa dependente do CIXUG, esta se encarga de promocionar o Software Libre nas tres universidades, tomándose a decisión de adaptar unha distribución de GNU/Linux ás necesidades das tres universidades baixo unha mesma imaxe conxunta.
A eficiencia e coherencia tanto funcional como estética na implantación dunha distribución de GNU/Linux para tres universidades diferentes, con infraestrutura e redes particulares fai necesario realizar un traballo de adaptación común a todas elas.
Desde o CIXUG estase a realizar o desenvolvemento, adaptación e mantemento da distribución de GNU/Linux das universidades galegas que se basea na versión LTS 12.04 de Ubuntu, constando dos seguintes elementos:
- Creación dun repositorio propio
- Creación dun script que permita construír versións personalizadas
- Creación dunha imaxe corporativa para a distribución
- Unha versión de 32 e outra de 64 bits da distribución
- Unha serie de metapaquetes que resolveran algunhas necesidades específicas das tres universidades
Unha vez realizada a distribución, cada universidade encargarase progresivamente de instalala nas aulas de informática para que conten con arranque dual.