Este curso está dirixido a persoas tituladas universitarias empadroadas en Galicia dende hai dous anos cando menos, que teñan como obxectivo profesional desenvolver a súa actividade no eido da orientación laboral e no apoio ás persoas que procuran emprego, e que se atopen nalgún dos seguintes grupos:
- Persoas que na actualidade se veñen dedicando a actividades de orientación laboral (*)
- Axentes de desenvolvemento local
- Técnicos de emprego
- Traballadoras e traballadores sociais
- Persoal de organismos públicos e privados que están a relacionarse coa poboación demandante de emprego
- Calquera outra persoa que desexe adquirir novos coñecementos no ámbito da orientación laboral
(*) Nota importante: O persoal que na actualidade estea a desempeñar labores de orientación ao amparo da Orde do 10 de abril de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no exercicio 2013, debe indicalo á Secretaría Técnica do curso ao inicio deste, para que poida coordinar cos servizos técnicos da Consellería de Traballo e Benestar a xestión da súa axenda dos venres nos que haxa sesións presenciais durante o tempo que dure o curso, como axuda adicional para acadar o máximo aproveitamento do mesmo.