A matrícula do curso realizarase a partires do día 26 de agosto de 2013 as 09:00 horas e ata as 14.00 h do día 11 de setembro, unicamente a través da plataforma on line de matrícula do CIXUG, cubrindo o formulario electrónico dispoñible neste enlace:
Formulario electrónico
O curso dispón de 100 prazas, que serán asignadas por rigoroso orde de matriculación.
INFORMACIÓN: PECHADO O PRAZO DE MATRÍCULA
Ademais de cubrir os campos requiridos para a matrícula, deberá achegar copia en soporte informático da seguinte documentación:
- Documento de identidade
- Certificado de empadroamento vixente (menos de 6 meses de antigüidade)
- Título universitario/certificado de expedición do título
Tras recibir a confirmación da matrícula, disporá de tres días hábiles para realizar o ingreso do prezo da matrícula (160,00 euros) e remitir unha copia do modo que se lle indicará no correo electrónico de confirmación. Se transcorrido este prazo non fixese efectivo o pago, perderá o dereito á reserva de praza.
NOTA 1: O prezo da matrícula encóntrase subvencionado polo cofinanciamento realizado pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo, polo que non se aplicarán descontos adicionais sobre este importe.
NOTA 2: As titulacións que requiran de convalidación en España non serán admisibles se non se acredita esta homologación.
NOTA 3: Esta documentación poderá serlle solicitada en orixinal a efectos de verificación, en calquera momento ao longo da duración do curso, ou con posterioridades como parte do proceso de auditoría ao que poida ser sometido por parte das entidades financiadoras.