Entre os obxectivos que se perseguen coa celebración deste curso avanzado prima o de dispór, no mercado laboral en Galicia, de persoal técnico axeitado para desenvolver a súa actividade laboral no ámbito da orientación laboral e desenvolvemento económico local, potenciando os seus coñecementos técnicos e competenciais cara unha mellor atención á poboación demandante dos seus servizos.
Pero ademais, son obxectivos deste curso os seguintes:
• Integrar dentro dun proceso de formación os criterios e principios básicos esenciais que a Consellería de Traballo e Benestar desexa transmitir a calquera técnico que estea a interactuar coas persoas demandantes de emprego.
• Asentar profesionalmente un colectivo importante de técnicos que son de especial importancia no desenvolvemento local e comarcal de Galicia.,
• Axudar a actualizar e a renovar os coñecementos técnicos no ámbito da interacción coas persoas demandantes de emprego, na busca de mellorar a súa empregabilidade e ocupabilidade.
• Facilitar unha canle de relación académica de importancia entre a propia Consellería de Traballo e Benestar e o colectivo de profesionais que desenvolven a súa actividade cun colectivo tan crítico como é o das persoas demandantes de emprego e o dos emprendedores e empresarios
Por este motivo, tanto a formación como os seus contidos e os métodos didácticos se teñen deseñado dun xeito eminentemente práctico e de xeito específico para esta formación por persoal experto, que será ademais o que participe no desenvolvemento do curso.