Ao tratarse dun curso en modo blended learning cun importante compoñente de teleformación a través da plataforma Moodle do CIXUG, resulta imprescindible que as persoas participantes conten cun computador con versión actualizada do seu navegador, cámara web, altofalantes, micrófono e acceso a Internet, xa que moitas das actividades formativas e avaliativas do curso requiren de acceso a través da rede, e os contidos dos diferentes módulos non serán descargables ata a finalización da formación dado que tamén a visualización dos mesmos na plataforma se terá en conta como criterio de aproveitamento.
Ademais, e dado o enfoque innovador do curso no uso das ferramentas TIC e as novas tecnoloxías aplicadas á xestión do emprego, pode requirirse da instalación por parte das persoas participantes de determinado software ou plug-ins no seu computador que, en todo caso, será gratuíto e de uso libre.
Igualmente, para posibilitar a participación e óptimo aproveitamento de determinadas actividades do curso, poderá requirirse das persoas participantes o seu rexistro en plataformas ou redes sociais.
En calquera caso, os requisitos concretos que precise cada formador en relación ás súas actividades, así como as instrucións para a súa descarga e instalación, serán publicados na plataforma Moodle do curso con antelación suficiente para posibilitar a correcta instalación e a dispoñibilidade dos mesmos.