Este curso ponte vai destinado ás persoas que superaron satisfactoriamente e con aproveitamento algunha das edicións do Curso Avanzado "A Orientación Laboral para o Fomento do Emprego e a Competitividade Local en Galicia", organizado polo CIXUG en colaboración coa por entón Consellería de Traballo e Benestar e contando co cofinanciamento do FSE, en calquera das súas edicións.
Nota importante: o persoal que na actualidade estea a desempeñar labores de orientación ao amparo da ORDE de 8 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2017, debe indicalo á Secretaría Técnica do curso ao formalizar a súa matrícula, para que poida coordinar cos servizos técnicos da Consellería de Economía, Emprego e Industria a xestión da súa axenda dos venres nos que haxa sesións presenciais durante o tempo que dure o curso, como axuda adicional para acadar o máximo aproveitamento do mesmo.