O curso desenvolverase desde o 1 de setembro de 2017, combinando a formación a distancia coa formación presencial. As sesións presenciais terán lugar os venres pola tarde en horario de 16.00 h a 20.30 h, e os sábados pola mañá en horario de 9.30 h a 14.00 h. Realizarase tanto control de entrada como de saída nas sesións presenciais, polo que se prega puntualidade no acceso ás mesmas.
As sesións presenciais terán lugar nas aulas 4 e 5 e no Salón de Actos do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (Santiago de Compostela), coas seguintes temáticas:
Módulo 1: Marco conceptual da Orientación Laboral Aberta
- 01/09/2017: A orientación laboral en Galicia
- 02/09/2017: Certificación e acreditación de competencias
- 08/09/2017: O ecosistema TIC
- 09/09/2017: O mercado laboral e a iniciativa emprendedora
- 15/09/2017: O labor orientador dende un blogue
- 16/09/2017: O deseño do modelo de negocio (método Canvas)
- 22/09/2017: Orientación para a igualdade e a inclusión sociolaboral.
- 23/09/2017: A política social de emprego na UE. Estratexias de orientación: O emprego con apoio
- 29/09/2017: Micro obradoiros do módulo I
Módulo 2: Marco persoal
- 06/10/2017: Competencias sociais e comunicativas (parte I)
- 07/10/2017: Competencias sociais e comunicativas (parte II)
- 20/10/2017: O noso PLE (Contorno Persoal de Aprendizaxe)
- 21/10/2017: Identidade dixital e reputación online
- 27/10/2017: Micro obradoiros do módulo II
Módulo 3: Marco instrumental
- 28/10/2017: O Proceso individual de Orientación Laboral. A entrevista de orientación laboral
- 03/11/2017: Dinamización de espazos socias para a orientación laboral
- 04/11/2017: Itinerarios persoalizados de inserción laboral. Proceso, características e aplicación a distintos colectivos Mayte Deus
- 10/11/2017: Os procesos de selección de persoal: a entrevista de traballo e as dinámicas grupais. A entrevista de selección de persoal por competencias
- 11/11/2017: A elaboración do plan de empresa (parte I)
- 17/11/2017: A prospección de de emprego e a intermediación laboral
- 18/11/2017: A elaboración do plan de empresa (parte II)
- 24/11/2017: Micro obradoiros do módulo III
Sesión de clausura: 15/12/2017