Para solicitar a matrícula no curso de iniciación, debe cubrirse o formulario que se enlaza a continuación e, inmediatamente, achegar a través da conta de correo pol@cixug.es copia en soporte informático da seguinte documentación:
- Documento de identidade
- Certificado/volante de empadroamento vixente (menos de 6 meses de antigüidade)
- Título universitario/certificado de expedición do título
Estes documentos deben ser copiados polas dúas caras, e o seu contido debe ser completo, claro e lexible.
PECHADO O PRAZO DE INSCRICIÓN
O número de prazas e limitado e a súa asignación realizarase por rigorosa orde de inscrición, motivo polo que recibirá unha mensaxe automática co seu número de inscrición no momento en que realice a súa preinscrición.
NOVIDADE:
Debido ao cofinanciamento achegado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a matrícula neste curso de iniciación resultará gratuíta para as persoas interesadas.
NOTA 1: as titulacións que requiran de convalidación en España non serán admisibles se non se acredita esta homologación.
NOTA 2: esta documentación poderá serlle solicitada en orixinal a efectos de verificación en calquera momento ao longo da duración do curso, ou con posterioridades como parte do proceso de auditoría ao que poida ser sometido por parte das entidades financiadoras.