O próximo 8 de abril finaliza o soporte para Windows XP, despois de 12 anos de vida.
O fin de Windows XP, pode ser unha boa oportunidade para que os/as usuarios/as poidan probar a instalar unha distribución de GNU/Linux, sobre todo naqueles equipos máis vellos, e con menos recursos.
Os compañeiros de PortalProgamas fixeron a seguinte selección de distribucións que destacan pola súa lixeireza, e sobre todo pola facilidade de aprendizaxe para usuarios que veñen de Windows XP.
E se falamos de distribucións lixeiras, non podemos esquecernos de Minino, e a súa irmá PicarOS, destinada ao uso dos máis pequenos da casa, ou colexio.