O CNTG ten aberto o prazo de inscrición ata o día 2 de abril para o curso “Administración de redes Linux con Zentyal“, que será impartido dende o día 12 ata o 27 de maio cun total de 48 horas lectivas.
O curso está dirixido a administradores de sistemas que posúan coñecementos básicos en xestión de redes e con algo de experiencia na xestión de servidores GNU/Linux. Será impartido por persoal certificado de Zentyal, e os asistentes poderán realizar o exame de certificación Zentyal Certified Associate (ZeCA) de balde.
Os obxectivos do curso inclúen:
- Comprender a arquitectura do servidor Zentyal.
- Despregar e xestionar recursos compartidos e servizos de comunicación en contornos pyme.
- Aprender as mellores prácticas para o mantemento efectivo e seguro do servidor dunha pyme.
- Facilitar a migración de servidores Windows a GNU/Linux.
- Preparar o exame de certificación Zentyal Certified Associate (ZeCA).
Para ver os detalles do curso, visite a páxina do CNTG.
Zentyal é un servidor de rede de código aberto para ser utilizado nunha PEME. Zentyal pode desenvolver papeis de xestión da infraestrutura de rede, como porta de enlace cara Internet, xestionando as amezas na seguridade, como servidor de oficina, ou como unha combinación dalgunha das anteriores.
ware libre