Biostatech organiza unha nova edición do curso “Estadística con R (nivel básico)“, que terá unha duración de 22 horas, repartidas durante os días 24 a 27 de febreiro, en horario de 16 a 21 horas, e impartirase na aula Novoa Santos (Seminario 5), do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
O curso está dirixido a estudantes, profesionais e investigadores das distintas áreas de coñecemento, que precisen dunha formación básica en estatística, e que desexen iniciarse no manexo do software libre R. Tamén pode ser unha boa oportunidade para mellorar os coñecementos daquelas persoas que xa utilizan este software.
O formato do curso terá un carácter teórico-práctico, e contará con persoal de reforzo para mellorar a formación. É preciso que os asistentes leven o seu propio ordenador portátil co software instalado para realizar as prácticas.
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición ata o 17 de febreiro enviando unha mensaxe a biostatech@uninova.org, ou a contacto@biostatech.com. O custo do curso é de 200 euros (ive incluído).