Os próximos días 19 e 20 de abril terán lugar, nas instalacións do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, e a través de CertiUni, os exames correspondentes á certificación LPIC - 1, na que asistirán os Técnicos e Técnicas de soporte [TEI] das Universidades de A Coruña e de a Universidade de Santiago de Compostela que levan preparandose dende o mes de febreiro. A súa formación foi desenvolvida a través da Oficina de Software Libre (OSL) do CIXUG.
As e os participantes, presentaranse aos exames 101 e 102 que o Linux Professional Institute determina para a consecución da certificación LPIC-1 Professional Junior en Linux.
LPIC é un programa de certificación en GNU/Linux xestionado pola fundación Linux Professional Institute, no que as candidatas e candidatos deben demostrar os seus coñecementos na administración do sistema operativo GNU/Linux, así como as ferramentas máis usadas tanto nun entorno de escritorio como de servidor. Se queres presentarte por libre ás próximas convocartorias, podes acceder, como invitado ou invitada libremente, aos nosos contidos dende o aula virtual do CIXUG [Administración de sistemas GNU/Linux - LPIC1].