Os próximos 20 e 21 de febreiro terá lugar na Coruña o Eneboo Summit 2014. O evento está organizado pola empresa Ítaca Software Libre, e terá lugar na aula de formación da OSL situada no Edificio de servizos centrais de investigación da Universidade da Coruña.
Os obxectivos deste encontro están relacionados co futuro a curto prazo do software que está desenvolvéndose, posta en común de solucións, perspectivas presentes e futuras, así como o estudo de liñas de comercialización de solucións para empresas.
As persoas interesadas en asistir ao evento poden solicitar mais información no correo electrónico contacta@itacaswl.com
Que é Eneboo ERP?
É un software tipo ERP (Enterprise Resource Planning) que nace no seo dunha comunidade de persoas e entidades dispostas a manter unha liña de desenvolvemento estable no entorno do estado español. Eneboo ERP está liberado baixo unha licenza libre GNU/GPL v.2. Pode atoparse máis información no portal da comunidade dos desenvolvedores, ou no portal para perfís profesionais.
Quen é Ítaca Software Libre?
Ítaca Software Libre, Sociedade Cooperativa Galega é unha consultora informática que apoiándose en sistemas de código aberto e software libre, ofrece a empresas e todo tipo de organizacións, servizos de consultaría informática de grande valor engadido.