Galpon presenta unha nova edición do obradoiro sobre Introdución ao Software Libre e GNU/Linux, que realizan en colaboración co Vicerreitorado de Extensión Universitaria e Estudantes da Universidade de Vigo.
O obradoiro está dirixido á toda a comunidade universitaria e ao público en xeral, e habilita 2 créditos de libre elección, ou 1 ECTS para os estudantes.
O obradoiro enmárcase na programación de obradoiros do 2º cuadrimestre do curso 2013-2014 da Universidade de Vigo. Celebrarase do 18 de febreiro ata o 10 de abril de 2014 cunha duración de 30 horas impartidas todos os martes e xoves (agás festivos) en horario de 14:00 a 16:00 horas no Laboratorio AS06 do edificio da E.T.S.E. Telecomunicacións.
O programa é o seguinte:
- Introdución histórica.
- Que é un sistema operativo? e que é GNU/Linux?
- Software Libre.
- Vantaxes e inconvenientes.
- Gnome, KDE…os escritorios en GNU/Linux
- Engadir e quitar aplicativos
- Mozilla Firefox Web Browser
- Gimp, editor de imaxes
- Gaim, Pidgin… mensaxería instantánea
- Thunderbird, geary…. correo electrónico
- LibreOffice, procesador de texto, folla de cálculo, presentacións…
- Evolution, xestor de información persoal
- Kontact, outro xestor de información persoal
- Instalación de GNU/Linux
- Que é unha distribución? Características dalgunha delas
- Instalación dun sistema operativo de Software Libre baseado en GNU/Linux
O curso ten un custo de 40€ para o público en xeral, 30€ para membros da comunidade universitaria e 20€ para bolseiros. O prazo de matrícula está aberto ata o día 14 de febreiro, e conta cun número máximo de 17 prazas.
Todos aquelas persoas interesadas poden consultar todos os detalles de matriculación na web de Extensión Universitaria.