O pasado 27 de febreiro foi creada a lista de correo lpic-gal, co obxectivo de crear un punto de encontro para todas aquelas persoas certificadas, ou interesadas en obter algunha das certificacións en administración de sistemas GNU/Linux ofertadas polo Linux Professional Institute (LPI).
A idea nace no CNTG, como centro de referencia en Galicia na formación de profesionais TIC, e en particular na oferta dos 3 niveis dos que consta a certificación LPIC. A lista vai ser administrada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA), e estará integrada dentro dos servizos do portal mancomun.org.
LPI é unha organización sen ánimo de lucro adicada á certificación de profesionais de GNU/Linux. As certificacións LPIC foron creadas para acreditar a capacitación dos profesionais TI no uso dun sistema operativo baseado en Linux, así como nas ferramentas asociados a este sistema. Actualmente existen tres niveis de certificación, e unha especialización:
- LPIC-1, ou Profesional Junion en Linux.
- LPIC-2, ou Profesional Avanzado en Linux.
- LPIC-3, ou Profesional Senior e especialista en Linux.
Máis información sobre as certificacións LPIC, na súa wiki.