O próximo 29 de marzo, vaise celebrar a segunda parte do Obradoiro sobre o Sistema de Control de Versións, Git, dentro do Ciclo dos Sábados Libres na Altamar, que novamente vai seren dirixido por Jesus Amieiro Becerra.
Igual que en anteriores ocasións, o obradoiro vai ter lugar na Residencia Altamar de Vigo, en horario de 10 a 14 pola mañá, e de 16 a 18:30 pola tarde.
Resumo dos contidos:
- Revisión rápida dos conceptos do 1º obradoiro.
- Colaborando nun servidor remoto: remote, fetch, push, pull.
- BitBucket.
- Crear unha conta.
- Colaborando no servidor remoto.
- Fluxos de traballo en Git.
- Exercicio por parellas.
- Alias de ordes.
- Interfaces gráficas.
- Depurando con Git.
Para este obradoiro é necesario que os asistentes leven xa instalado Git nos seus equipos, así coma un navegador actualizado (Mozilla Firefox, Chrome, Chromium,…) para poder acceder ao servizo BitBucket. Tamén se pedirá unha interface gráfica instalada, que se comunicará uns días antes do obradoiro.
- Límite de inscricións
- Por mor da complexidade deste curso, a inscrición limítase a 24 prazas, sendo obrigatorio cubrir o formulario de inscricións.
Máis detalles no wiki de Galpon, ou no evento de Google+