O CESGA, en colaboración con outras seis institucións europeas baixo a coordinación da fundación Ynternet.org, participou no proxecto europeo WikiSkills.
Este curso de introdución ás wikis para educadores é parte das actividades realizadas.
O CESGA encargou a coordinación e xestión desta nova fase do proxecto a Aula Tegnix. Antonio Gregorio e Elisardo Juncal, integrantes de Galipedia, elaboraron a sección “Comunidade” e traduciron estes materiais á nosa língua.
O curso está dispoñible en aberto e de balde (*), tanto en galego como en español, en Aula Tegnix (en breve tamén en Aula Cesga) co seguinte temario:
- Introdución
- Coñecemento básico sobre Wikis
- Ensinando con Wikis
- Creando materiais educativos
- Comunidade
- Licenzas
- Documentos adicionais
- Ligazóns
(*) Premendo no botón “entrar como convidado“, sen necesidade de rexistro.