Os usuarios e usuarias de software libre xa podemos conversar cos nosos contactos a través dun aplicativo de mensaxería que está liberado baixo unha licenza libre. Telegram xa pode ser utilizado nos móbiles con Android ou iPhone, ademais de poder ser instalado nun cliente GNU/Linux e utilizalo a través do terminal.
Telegram utiliza unha rede de servidores distribuídos que aseguran a estabilidade do sistema, e aumentan a velocidade de envío das mensaxes. Todas as mensaxes son encriptadas para asegurar a súa privacidade, e conta coa posibilidade de crear conversas segredas, as cales serán destruídas dos servidores unha vez rematadas.
A API e o Protocol están liberados baixo unha licenza libre (GPL v.2), e poden ser utilizados por aquelas persoas, ou empresas que desexen crear servizos arredor de Telegram. Por exemplo, xa existen diferentes clientes:
- Un cliente web, Webogram
- Un cliente de escritorio para Windows, Telegram for Desktop
- Un cliente de escritorio para OsX, Messenger for Telegram
- Un cliente alternativo para Android
Pavel Durov, ofrece 200.000 $ en BTC para aquela persoa que sexa capaz de descifrar a mensaxe que lle envía diariamente ao seu colega Nick. O prazo remata o 1 de marzo de 2014.
Para máis información, recomendamos consultar a sección de preguntas e respostas de Telegram.
A funcionalidade que consideramos máis interesante é o seu uso a través da terminal de calquera distribución de GNU/Linux, imos indicar os pasos para poder utilizar a nosa conta de Telegram:
* Este titorial fíxose en Ubuntu 12.04
- Temos que facer uso do paquete “git”, que se non o temos instalado, podemos obtelo coa seguinte liña:
tux@host:sudo apt-get install git
- A continuación descargamos unha copia do código fonte dende os repositorios do proxecto:
tux@host:git clone https://github.com/vysheng/tg.git && cd tg
- Para poder compilar o código descargado, temos que facer a instalación previa dos seguintes paquetes:
tux@host:sudo apt-get install libreadline-dev libconfig-dev libssl-dev lua5.2 liblua5.2-dev
- Agora, xa podemos executar a compilación do código:
tux@host:make
- Se todo foi ben, xa podemos executar a aplicación:
tux@host:./telegram -k tg.pub
- Veremos a seguinte saída. Unha vez creados os ficheiros no cartafol do usuario, temos que introducir o número do noso móbil (con +34 diante).
tux@host:Telegram-client version 0.01-beta, Copyright (C) 2013 Vitaly Valtman
Telegram-client comes with ABSOLUTELY NO WARRANTY; for details type `show_license'.
This is free software, and you are welcome to redistribute it
under certain conditions; type `show_license' for details.
[/home/rafael/.telegram] created
[/home/rafael/.telegram/downloads] created
Telephone number (with '+' sign): +34xxxxxxxxx - Recibiremos un código no terminal móbil, que debemos inserir no terminal. Deste xeito iniciamos a sesión no sistema, amosando o estado das nosas conversas.
tux@host:
*** phone registered
*** sending code
*** send_code: dc_num = 4
Code from sms: CODIGO_RECIBIDO_SMS
User tux1: 0 unread
Chat swl-galiza: 0 unread
User tux2: 0 unread
User tux3: 0 unread
> - Unha vez dentro da liña de comandos, podemos executar o comando “help” para visualizar a lista de comandos dispoñibles:
tux@host:>help
help - prints this help
msg <peer> Text - sends message to this peer
contact_list - prints info about users in your contact list
stats - just for debugging
[....]
log_level - level of logging of new events. Lower is less verbose:
Level 1: prints info about read messages
Level 2: prints line, when somebody is typing in chat
Level 3: prints line, when somebody changes online status
msg_num - enables/disables numeration of messages
chat_with_peer <peer> - starts chat with this peer. Every command after is message to this peer. Type /exit or /quit to end this mode