Acaban de publicarse os resultados do último informe de Valoración do software libre na sociedade, edición 2013. É o 5º estudo anual realizado por PortalProgramas que mide o coñecemento, uso e valoración do software libre entre os usuarios domésticos. Casi 3.000 persoas de fala hispana contestaron a unha enquisa, que amosa uns resultados que xa están dispoñibles a través das seguintes ligazóns:
- Portal principal do estudo, con acceso en liña aos datos de tódolos informes: http://www.portalprogramas.com/software-libre/informe
- Resumo do último informe de 2013, adaptado para a súa difusión: http://www.portalprogramas.com/software-libre/informe/2013
- Artigo publicado na revista dixital: http://www.portalprogramas.com/milbits/informatica/valoracion-software-libre-open-source-sociedad-2013.html
Con colaboradores do talle de Cenatic, Bilib ou Iniciativa Focus, este informe é un referente para coñecer o “estado de saúde” do software libre entre os usuarios.
Algunhas das conclusión que se poden extraer do estudo:
- “O grupo máis numeroso (58,7%) é aquel que, sen coñecer a definición exacta do concepto de software libre, confía nel por experiencia propia, e por non atopar problemas significativos no seu uso.
- “Un 52,83% dos usuarios non usan software libre por conformismo, porque xa lles funcionan ben los programas que teñen. Logo temen por un mal soporte (18,87%) ou pola falta de funcionalidades e calidade respecto ao software privativo (16,98%).”
- Moitos menores de 25 anos (59,6%) confían no software libre polas súas actualizacións constantes e o seu modelo de desenvolvemento, incluso por enriba da súa experiencia propia ou a falta de problemas”
PortalProgramas é unha canle de descargas e artigos sobre software con case un millón de usuarios rexistrados, e máis de 350 millóns de descargas realizadas. Nos seus máis de 10 anos de vida destacan por ofrecer descargas gratuítas e legais, así como polo seu apoio ao software libre