O recentemente premiado como mellor PFC con licenza libre, XeoPesca, volve de novo á actualidade ao conseguir dous primeiros postos dentro dos Premios PortalProgramas ao mellor software libre do ano.
O proxecto liderado por Pablo Belay, acadou o primeiro posto nas categorías “Software libre máis revolucionario“, e “Maior potencial de crecemento“. Xusto nas dúas categorías nas que participaba, e que compartía candidatura con proxectos coma Lzip, KDE Software Compilation, ou GNU Health.
Dende a Oficina de Software Libre agardamos que este novo pulo ao proxecto axude ao seu desenvolvemento, e que poida acadar os obxectivos que se teñen marcados.
Parabéns de novo ao equipo de XeoPesca.