O próximo 26 de marzo, martes, a Oficina de Software Libre estará presente na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, para participar na celebración do Día da Liberdade dos Documentos.
Organizada por Galpon, o DFD é un evento a nivel mundial promovido pola Free Software Foundation Europe co obxectivo de chamar a atención sobre a importancia de conservar os documentos cos que traballamos en formatos libres e estándares abertos.
Ás 10:45, terá lugar no Salón de Graos da Escola unha conferencia do técnico da Oficina de Software Libre da Universidade de Granada, D. A. Pablo Hinojosa Gutierrez (@psicobyte_) para falar sobre ‘A necesidade de liberar a documentación académica e de investigación‘, e vai dirixida especialmente aos alumnos de Tese, TFG, PFC, investigadores, … a todas aquelas persoas interesadas na liberdade dos seus documentos.
.