O Curso de Formación Específica de Posgrao Avanzado en Orientación Laboral Aberta contempla 27 horas de seminarios web en directo, a desenvolver en xornadas de venres pola tarde (16.00 h a 20.30 h) e sábado pola mañá (9.30 h a 14.00 h).
A formación complétase sumando a estes seminarios a formación a distancia, as actividades avaliativas, o repaso e o traballo persoal do alumnado ata totalizar as 150 horas que conforman o curso.
Os seminarios web servirán para desenvolver obradorios e sesións prácticas que permitan afianzar os conceptos clave, resolver dúbidas e incidir de xeito eficaz nos coñecementos adquiridos, contando cunha actividade avaliativa para cada un dos ámbitos de especialización que compoñen o curso.
O curso desenvolveranse sobre a plataforma Moodle do CIXUG, polo que as persoas asistentes deberán dispoñer dos equipos e medios técnicos necesarios, descritos no apartado requisitos técnicos para o seguimento do curso avanzado.
O programa do curso está composto polos seguintes módulos e temas, organizados en ámbitos de especialización:
MÓDULO 1. Prospección de empresas e intermediación laboral nos programas de emprego (2 créditos ECTS)
Tema 1: fundamentos da prospección e da intermediación laboral.
Tema 2: metodoloxías para a prospección e a intermediación laboral.
MÓDULO 2. Análise económica e financeira para coñecer a viabilidade dun proxecto emprendedor (2 créditos ECTS)
Tema 3: análise financeira do plan de empresa.
Tema 4: análise económica do plan de empresa.
MÓDULO 3. Estratexia TIC para a Orientación Laboral Aberta: a curación de contidos (2 créditos ECTS)
Tema 5: os algoritmos e a burbulla de filtros.
Tema 6: a curación de contidos.
Tema 7: planificación. Procura e selección de contidos.
Tema 8: achega de valor e publicación.