Ao tratarse dunha edición totalmente en liña a través da plataforma Moodle do CIXUG, resulta imprescindible que as persoas participantes se aseguren de dispoñer de:
- Computador persoal con resolución de pantalla recomendada de 1024 x 768 ou superior.
- Conexión a Internet de banda larga, sendo recomendable contar cun antivirus actualizado.
- Navegador Mozilla Firefox ou Google Chrome en versión actualizada (NOTA: algunhas funcionalidades de Moodle poden non funcionar con Internet Explorer ou Microsoft Edge, polo que se desaconsella o seu uso).
- Imprescindible dispoñer de cámara web, altofalantes e micrófono, sendo recomendable para un mellor seguimento do curso dispoñer de auriculares con micrófono integrado.
- Ter javascript e cookies activadas no navegador.
- Seguir os seminarios web en directo require a instalación do cliente Zoom para reunións, que pode obterse de xeito gratuíto neste enlace.
- Ver os documentos en PDF precisa a instalación de Acrobat Reader, que pode obterse de xeito gratuíto neste enlace.
Algunhas das actividades formativas e avaliativas do curso requiren de acceso e interacción a través da rede, así como da creación de artefactos dixitais e de vídeo; e os contidos dos diferentes temas non serán descargables ata a finalización dos mesmos dado que tamén a súa visualización na aula virtual se terá en conta como criterio de aproveitamento.
Ademais, e dado o enfoque innovador do curso de introdución no uso das ferramentas TIC e as novas tecnoloxías aplicadas á xestión do emprego, pode requirirse da instalación por parte das persoas participantes de determinado software ou plugins no seu computador que, en todo caso, será gratuíto e de uso libre.
Igualmente, para posibilitar a participación e óptimo aproveitamento de determinadas actividades do curso, poderá requirirse das persoas participantes o seu rexistro en plataformas ou redes sociais, creando perfís profesionais reais, que deberán manterse activos mentres non finalice o curso.
En calquera caso, os requisitos concretos que precise cada persoa formadora en relación ás súas actividades, así como as instrucións para a súa descarga e instalación, serán publicados na aula virtual do curso con antelación suficiente para posibilitar a correcta instalación e a dispoñibilidade dos mesmos.