A Universidade Politécnica de Madrid, a través da plataforma de cursos MOOC, Miriada X, vén de presentar un novo curso para capacitar no desenvolvemento de aplicativos móbiles con HTML5 e Firefox OS.
O curso dará comezo o próximo día 11 de novembro, e ten unha duración de 6 semanas. As persoas interesadas poden inscribirse a través da web de Miriada X.
Este curso é o primeiro do programa “Diseño de servicios en la nube para acceso móvil y multidispositivo con HTML5″, impulsado e patrocinado por Red.es, Universia, CENATIC, Telefónica Digital e TLS. O programa completo está formado por 5 cursos, que se irán publicando progresivamente en Miriada X.
Unha vez completado o curso, obterase un certificado de participación e outro de superación.
Firefox OS, é o novo sistema operativo libre para teléfonos móbiles e tabletas da Fundación Mozilla. Utiliza software libre e programase en HTML5, utilizando HTML, CSS e Javascript. Grazas á súa calidade e carácter aberto, conseguiu o apoio de Telefónica, Qualcomm, LG, Huawei, Foxconn, etc.