O próximo xoves día 19, na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, terá lugar a IV Xornada de Usuarios de R en Galicia.
A xornada está organizada pola Oficina de Software Libre do CIXUG, e patrocinada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA, Xunta de Galicia) e enmarcase dentro das actividades de fomento do software libre en Galicia que forman parte do Plan de Acción en Software Libre 2017.
A xuntanza ten como obxectivos a promoción da linguaxe R e as súas aplicacións, ademais de facilitar o networking entre a comunidade de persoas usuarias da linguaxe e aquelas outras interesadas en coñecela ou en poñer en común as súas experiencias.
Nas xornadas impartiranse dous obradoiros prácticos de balde (é recomendable levar computador portátil). Se estás interesado ou interesada podes inscribirte dende estes enlaces:
- Obradoiro práctico e introductorio do Paquete Estatístico R , inscrición aquí.
- Obradoiro Web Scraping , inscrición aquí.
Para asistir á xornada podes inscribirte dende este enlace.