Co gallo da súa participación no ciclo de actividades relacionadas co MeTTeG13, o fundador do sistema GNU, xirará unha nova serie de visitas a diversas cidades de Galicia.
Stallman, presidente e principal responsable da Free Software Foundation, impartirá no serán do vindeiro día 9 de decembro en Vigo unha charla «Free Software, o eGoberno». A conferencia estará aberta ao público aínda que os participantes no MeTTeG13 terán un pase preferente especial.
Outra posibilidade é inscribirse previamente para a conferencia da FSF no seguinte enderezo: https://crm.fsf.org/civicrm/
Concretaremos máis información en canto a organización nos permita coñecer detalles: http://www.fsf.org/events/rms-speeches.html