O próximo 25 de outubro, na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, terá lugar a V Xornada de Usuarios de R en Galicia.
A xornada está organizada pola Oficina de Software Libre do CIXUG, e patrocinada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA, Xunta de Galicia) e enmarcase dentro das actividades de fomento do software libre en Galicia que forman parte do Plan de Acción en Software Libre 2018.
A xuntanza ten como obxectivos a promoción da linguaxe R e as súas aplicacións, ademais de facilitar o networking entre a comunidade de persoas usuarias da linguaxe e aquelas outras interesadas en coñecela ou en poñer en común as súas experiencias.
Nas xornadas impartiranse obradoiros prácticos de balde aos que as persoas inscritas deberán levar un computador portátil, tendo instaladas as aplicacións que se indicarán.
Toda a información da xornada está dispoñible en r-users.gal, onde se irá actualizando a medida que se aproxime o evento.
Se queres presentar unha proposta de relatorio, neste enlace tes as instrucións para facelo, e para asistir á xornada podes inscribirte de balde dende este enlace.
+info: Programa V Xornada de Usuarios de R en Galicia.
NOTA: o programa irase actualizando na web da xornada a medida que se confirmen os relatorios.