O próximo 15 de outubro, na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, terá lugar a VII Xornada de Usuarios de R en Galicia
A xornada está organizada pola Oficina de Software Libre do CIXUG, e patrocinada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA, Xunta de Galicia) e enmarcase dentro das actividades de fomento do software libre en Galicia que forman parte do Plan de Acción en Software Libre 2020.
A xuntanza ten como obxectivos a promoción da linguaxe R e as súas aplicacións, ademais de facilitar o networking entre a comunidade de persoas usuarias da linguaxe e aquelas outras interesadas en coñecela ou en poñer en común as súas experiencias.
Este ano, a difusión terá lugar a través de plataforma Zoom e o acceso á sala virtual poderán encontralo na web r-users.gal.
Toda a información da xornada está dispoñible en r-users.gal, onde se irá actualizando a medida que se aproxime o evento.
Se queres presentar unha proposta de relatorio, neste enlace tes as instrucións para facelo, e para asistir á xornada podes inscribirte de balde dende este enlace.
+info: Programa VII Xornada de Usuarios de R en Galicia.
NOTA: o programa irase actualizando na web da xornada a medida que se confirmen os relatorios.