PECHADO O PRAZO DE SOLICITUDE NA EDICIÓN 2020
Relación de persoas admitidas e lista de agarda
O prazo ordinario de matrícula permanecerá aberto dende o 1 ata o 15 de outubro de 2020 (sempre que queden prazas dispoñibles). Non obstante, se superado este prazo continúa a haber prazas dispoñibles, manterase aberta a posibilidade de inscribirse en tanto queden prazas dispoñibles e non comece o curso.
Para matricularse no Curso Avanzado en Orientación Laboral é necesario cubrir o formulario de inscrición que se enlaza a continuación, así como achegar na conta de correo pol@cixug.gal copia actualizada en soporte informático da seguinte documentación:
- Documento de identidade en vigor.
- Certificado/volante de empadroamento actualizado e vixente (menos de 6 meses de antigüidade).
- Título universitario (ou certificado de expedición do título) válido en España.
- Copia do expediente académico universitario, xa que o número de persoas solicitantes supera o de prazas dispoñibles.
Os documentos enviados deben ser copiados polas dúas caras, e o contido da copia debe ser completo, claro e lexible, sen esquinas recortadas.
Formulario de Inscripción
Pechado o prazo de inscrición
Unha vez pechado o prazo de matrícula, publicarase nesta páxina a relación de persoas admitidas e unha lista de agarda, composta por un máximo de 15 persoas, ordeadas por media do expediente académico.
As persoas admitidas, tras recibir a confirmación da preinscrición, disporán de dous días hábiles para realizar o ingreso do prezo da matrícula (150,00 euros) e remitir unha copia do modo que se lle indicará no correo electrónico de confirmación. Se transcorrido este prazo non fixesen efectivo o pago, poderá perder o dereito á reserva de praza e esta pasará á seguinte persoa da lista de agarda.
NOTA 1: o prezo da matrícula encóntrase subvencionado polo cofinanciamento realizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polo Ministerio de Trabajo y Economía Social, polo que non se aplicarán descontos adicionais sobre este importe.
NOTA 2: as titulacións que requiran de convalidación en España non serán admisibles se non se acredita esta homologación.
NOTA 3: esta documentación poderá serlle solicitada en orixinal a efectos de verificación en calquera momento ao longo da duración do curso, ou con posterioridades como parte do proceso de auditoría ao que poida ser sometido por parte das entidades financiadoras.
NOTA 4: para aquelas persoas que se matriculen sen ter completado a súa titulación universitaria, será imprescindible estar en posesión do título universitario no momento de finalizar o curso de especialización para poder obter o título de posgrao. Non se conservará o expediente entre convocatorias.